A principios de 2026, Borja, un amigo, chamou e tirou unha frase sen máis:
"E se fas un xogo que Eustaquio ande saltando de pobo en pobo?"
- Borja, a chamada que o empezou todo
Probouse a ver que saía. E funcionou. Eustaquio xa existía como personaxe da marca dende 2022, así que non houbo que inventalo: só había que poñelo a saltar.
Pero o que fixo que o xogo medrase de verdade foi Mía. Xogábao unha e outra vez, e daba a súa opinión: o que lle gustaba e o que non. Co-deseñado, sen pretendelo, por unha nena de 6 anos que cumpriu 7 polo camiño. Por iso o obxectivo do xogo é, literalmente, salvar á princesa Mía.
Despois chegou a proba de lume: telo xogable nunha arcade física, con mando clásico, para o evento Pontefriki (marzo de 2026). Funcionou con público real, nenos e adultos. Xa non era un experimento.
O proxecto oficial veu despois, sen buscalo. Cando en APTCM o viron en mans dos nenos, tivérono claro:
"Este videoxogo onde Eustaquio percorre os 17 concellos temos que presentalo ao grande para toda a comarca."
- Pepe Formoso, presidente de APTCM



